www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 25 de Maio de 2018

Raquel Quintáns e Javier Alonso protagonistas nun pleno marcado polos cambios na corporación
Política • 30/07/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A sesión plenaria que se celebra hoxe xoves ás 20:00 horas está marcada polas novidades que se van producir na corporación municipal. Por unha banda tomará posesión do seu cargo de concelleiro Javier Alonso, chamado a asumir as responsabilidade de Cultura no goberno local. Tamén cambios máis polémicos como a renuncia de Raquel Quintáns a pertencer ao grupo político de Redondela Pode pasando a ser concelleira non adscrita. Un pleno que se celebrará no Multiusos da Xunqueira e que se prevé longo en base ao elevado número de mocións presentadas polos grupos da oposición.


Entre as máis salientable cabe destacar a moción conxunta dos grupos da oposición promovida pola Plataforma SOS Sanidade Pública e na que demandan entre outras cuestións que se dote o novo hospital con todos os servizos, incluído o laboratorio central, e que se garanta a súa xestión 100% pública. Outra das demandas recollida na moción pasa por establecer unha rede de transporte público que permita a todos os veciños acceder ao hospital así como que se apoie explicitamente a manifestación que se celebrará o 3 de setembro coincidindo co día de peche do Hospital Xeral.


O PSOE presenta tamén mocións orientadas a ampliar as axudas que reciben os alumnos dos centros públicos de Redondela. Actualmente a subvención municipal para a adquisición de libros e material escolar está destinada a alumnos de educación infantil, é dicir, de 3 a 5 anos. Dende o partido socialista propoñen que estas axudas se estendan a toda a ensinanza preuniversitaria para cubrir o material escolar. Por outra banda solicitan que se cree unha axuda para cubrir as taxas de selectividade para as persoas con poucos recursos encamiñada a garantir a igualdade de oportunidades.


Por outra banda a Agrupación de Electores volve presentar unha moción na que reclaman que se elimine a participación da corporación en manifestacións de tipo relixioso e que os actos oficiais organizados polo Concello non teñan cerimonias destas características. Hai tres anos unha moción semellante non saíu adiante ao non contar co apoio do PSOE.


AER presenta tamén una solicitude para que se habilite nos areais do concello un espazo que poidan compartir cans e bañistas. Subliñan dende esta formación política que "neste intre na provincia de Pontevedra só contamos cunha praia para cans, sita no Grove, uns espazos necesarios para a socialización canina e para garantir o benestar destas mascotas.  Contar con este tipo de praia podería a maiores supoñer un beneficio para o concello, xa que atraería un tipo de turismo cada día máis en auxe: o turismo con mascotas; podendo aumentar o fluxo de visitantes ao noso concello provenientes dos concellos próximos, dada a carencia deste tipo de espazos".


Solicitan tmaén a comprarecencia do alcalde para que dea explicacións sobre a situación na que se atopan as expropiacións das propiedades tanto privadas como públicas, afectadas pola ampliación da AP-9.


Relacionado tamén con esta cuestión, o BNG presenta una moción para que se xestione a gratuidade da peaxe en Rande.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: