www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 24 de Setembro de 2018

Tangata e Migliarini actúan no Meixón Music
Cultura • 29/07/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O cuarteto de tango instrumental Tangata únese o gran cantante arxentino Enrique Migliarini nun concerto que se poderá seguir en directo este mércores ás 21:00 horas na praza de Meixón Frío dentro da programación organizada polos locais de hostalaría Café da Vila e a tenda de Candelaria.


Nesta ocasión soarán temas de Gardel, Enrique Santos Discépolo ou do propio Astor Piazzolla. "Balada para un loco", "Uno", "Cambalache" ou "Caminito" estarán entre as pezás que a banda interpretará esta tarde nas terrazas de Café da Vila e A Tenda de Candelaria.


Enrique Migliarini na voz, Artigas Anelo no bandoneón, Laura Quintillán no violín, Alberto Vilas no piano e Gustavo Barcia no contrabaixo é a formación que se poderá oir neste concerto.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: