www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

O campión do mundo Gómez Noya e a viguesa Ana Pérez logran a vitoria na Travesía Son Simón
Deporte • 27/07/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A segunda edición da Travesía a nado Son Simón organizada polo Club de Atletismo de Redondela (CAR) sobre 1.500 metros cun percorrido circular entre a praia e o arquipélago de San Simón tivo unhas boas condicións meteorolóxicas en Redondela e tamén tivo ó mellor cartel posible, encabezado polo vixente campión do mundo de triatlón Javier Gómez Noya, que gañou a proba.


Con todo, non o tivo fácil o deportista ferrolán porque atopou un rival duro no seu compañeiro de adestramentos Jorgen Gundersen, un excepcional nadador.


Terceiro finalizou outro triatleta, Pablo Dapena.


Pola súa banda, na categoría feminina a viguesa Ana Pérez rachou os prognósticos ó pisar a area da praia de Cesantes en primeiro lugar e bater a Tamara Gómez e a venezolana Joselyn Brea, dúas triatletas internacionais cos seus países e que adestran en Pontevedra ás ordes de Omar González. Unha vitoria de gran nivel para a nadadora olívica.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: