Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

O mellor do triatlón dáse cita na II travesía a nado Son Simón
Deporte • 24/07/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Os triatletas deberán superar unha distancia de 1.500 metros con saída na Praia da Punta o sábado ás 11:30 horas. Participarán máis de 200 deportistas entre os que figuran nomes salientables a nivel nacional e internacional como Fernando Alarza, Teresa Gómez, Joselyn Brea e Vicente Hernández.


A praia da Punta acolle este sábado a II edición da travesía a nado Son Simón organizada polo Club de Atletismo de Redondela (CAR), unha proba deportiva de 1.500 metros de natación ao redor da Illa de San Simón aberta tanto a nadadores federados como afeccionados.


A saída da proba está prevista para as 11:30 horas e o número de inscritos por cuestión de organización e seguridade limítase a 200 persoas. Entre os participantes figuran nomes de relevancia do mundo do triatlón como o campión de España de triatlón Fernando Alarza, a triatleta venezolana Joselyn Brea, a alacantina Tamara Gómez ou o tinerfeño Vicente Hernández entre outros.


Os nadadores deberán completar un circuíto que pasa por baixo da ponte que une as illas de San Simón e San Antón e, logo de rodear o arquipiélago, regresar á praia. A idade mínima para participar é de 16 anos tanto en categoría masculina como feminina e, seguindo o espírito do club, dos cinco euros que custa a inscrición, un doarase á Asociación Andaina.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: