www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 25 de Setembro de 2018

Solicitan que se busque unha ubicación máis axeitada aos colectores que ocupan as beirarrúas
Sociedade • 23/07/2015
Autor: M. X. Queimaliños

En diferentes puntos do concello hai colectores situados enriba das beirarrúas, unha situación que provoca, segundo explican dende a Agrupación de Electores, que os peóns se vexan obrigados a transitar pola estrada co conseguinte perigo. Unha situación que se repite en parroquias como Cesantes ou no Viso. Por este motivo, solicitan ao concello que se lle busque a estes colectores una ubicación máis axeitada.


Logo de recibir avisos por parte de veciños onde indican que en diferentes puntos do concello existen contedores situados enriba das beirarrúas (en Cesantes na estrada de Catapeixe, á altura do número 63, ou no Viso na estrada da Teixeira) a Agrupación de Electores ven de presentar no rexistro do Concello un escrito no que informan desta situación que "obriga aos peóns a ter que baixar da beirarrúa e transitar pola mesma estrada, xustamente ao contrario do que debera ser, creando puntos evitables de inseguridade viaria".


Do mesmo xeito, tamén se teñen detectado casos nos que os contedores se atopan antes dun paso de peóns no sentido da circulación ou en cruces, de xeito que limitan a visibilidade e a seguridade á hora de cruzar a estrada.


Dende AER solicitan que se proceda a unha revisión xeral dos emprazamentos dos contedores dende unha perspectiva da seguridade viaria e da non invasión de beirarrúas e zonas de tránsito dos peóns.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: