Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

Soutomaior organiza un campamento xuvenil con actividades inspiradas en programas televisivos
Sociedade • 23/07/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A proposta, convocada pola Concellería de Xuventude, é unha actividade de tres días consecutivos con acampada orientada e mozos e mozas de entre 12 e 17 anos. Os monitores botarán mán de serie televisivas de indiscutible éxito como "Juego de tronos" ou "Master chef" para traballar cos participantes valores e habilidades. As persoas interesadas débense inscribir na OMIX de Soutomaior no Multiusos de Arcade. O prazo remata o venres 24.


O campamento, que inclúe acampada os días 10, 11 e 12 de agosto no campo de fútbol do Salgueirón, está orientado a rapaces de entre 12 e 17 anos. Acompañados de monitores experimentados estes rapaces vivirán unha experiencia chega de sorpresas parodiando series televisivas de éxito. Juego de tronos ou master chef servirán para traballar valores como a solidariedade, o traballo en equipo, a convivencia ou o respecto a natureza ou a igualdade.


As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ou solicitar máis información na OMIX de Arcade en horario de mañá de 9:00 a 14:00horas. O custe da actividade, que inclúe a manutención os tres días, é de 20 euros.


Por outra banda tamén está aberto o prazo para se inscribir nun bautismo de surf que se vai desenvolver na praia de Patos en Nigrán o vindeiro xoves 30 de xullo.


O obxectivo desta actividade é achegar á mocidade a este deporte a través da participación dun curso de iniciación ao surf impartido por profesionais das Beach Escolas. Está orientada a persoas de entre 12 e 35 anos e o único requisito é saber nadar.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: