Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

Un ferido grave nun accidente na curva da Formiga en Cedeira
Sucesos • 21/07/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Membros do Servizo de Extinción de Incendios tiveron que intervir para excarcerar ao condutor dun turismo Peugeot 106 que colidiu frontalmente contra unha furgoneta cando circulaba pola N-552. O ferido non reaccionaba a estímulos verbais e foi trasladado por unha ambulancia ao Hospital Xeral. Tamén onte foi necesaria a intervención deste servizo para apagar un lume que se producía nun galpón na zona de A Picota.


Un aparatoso accidente no que se viron implicados una furgoneta e un turismo deixaba na xornada de onte un ferido grave. O sinistro producíase ás 16:00 horas da tarde na N-552 entre Redondela e Vigo á altura da coñecida como curva da Formiga. O turismo Peugeot 106 invadía por causas que se descoñecen o carril contrario colidindo frontalmente contra una furgoneta. Ao lugar do accidente desprazáronse dúas ambulancias do 061, axentes da garda civil, protección civil e do Servizo de Extinción de Incendios (SEIS) de Redondela, que foron os encargado de excarcerar ao condutor do turismo. O ferido foi trasladado en ambulancia ao Hospital Xeral onde quedou ingresado grave.


Non foi esta a única intervención que este Servizo de Extinción de Incendios tivo que afrontar nas últimas horas. Tamén onte luns tiveron que participar nas labores de extinción dun lume que se producía nun galón na zona de A Picota nas inmediacións do apeadeiro. O lume provocou graves desperfectos na estrutura do inmoble que caeu derrubado logo do incendio. No interior atopábase un vehículo e restos de material mecánico. Ademais ao redor do galpón había abundante vexetación o que favoreceu a intensidade do lume.  


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: