www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Decembro de 2018

O investimento de 216.000 euros permitirá dotar de saneamento a rúa Espíritu Santo
Política • 20/07/2015
Autor: M. X. Queimaliños

As obras "avanzan a bo ritmo e estarán rematadas en breve" explican o alcalde Javier Bas e a concelleira de vías e obras María José Barciela, logo dunha visita a esta rúa na zona vella de Redondela para inspeccionar unha actuación que consiste na mellora do saneamento, abastecemento e recollida de augas pluviais na rúa Espíritu Santo "unha das rúas mais antigas da nosa vila pero que permaneceu no esquecemento durante moitos anos nun estado de abandono total".


As obras avanzan a bo ritmo e permitirán a renovación dunhas infraestructuras envellecidas e en mal estado por outras que permitan solucionar definitivamente os graves problemas na zona, onde se producían constantes roturas e os veciños tiñan que sufrir constantes cortes no servizo de abastecemento.


A nova rede de sumidoiros permitirá a separación de augas fecais e pluviais, eliminando o verquido destas últimas na Estación Depuradora, o que permitirá un mellor funcionamento da EDAR.


Cun orzamento superior aos 216.000 €, as obras inclúen redes de baixa tensión e comunicacións, inexistentes na zona, e un novo pavimentado en granito, mellorando a estética xeral da rúa.  


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: