www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Maio de 2018

O PSOE demanda un autobús directo dende Redondela ao novo hospital de Vigo en Beade
Política • 16/07/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Os veciños de Redondela que teñen a necesidade de ir ao novo hospital Alvaro Cunqueiro e non dispoñan de vehículo privado teñen que coller ata tres autobuses xa que non hai liñaa directa. O autobús dende Redondela para só no Areal ou na Estación de Autobuses, lugares onde as persoas terían que ir camiñando ou collendo a liña C1 ata a Praza de América. Os socialistas apuntan "vivindo apenas a 15 minutos de Vigo a media de tempo por traxecto é de dous horas". Ademais o custe roldaría sobre 3 euros.


Explican dende o PSOE que contrariamente ao que sucede noutros concellos como Tui, A Guarda, O Rosal, Tomiño, Gondomar, Arbo, Crecente, A Cañiza, Ponteareas, O Porriño, Mos, As Neves e Salvaterra de Miño que teñen de mínimo por concello 3 frecuencias ata chegar nalgúns incluso a 13 frecuencias, os vecinos de Redondela carecen deste servizo. Os socialistas critican "a incompetencia do goberno popular de xestionar estás liñas autorizadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, a través da Dirección Xeral de Mobilidade".


Engaden que "dende que Redondela se adheriu ao transporte metropolitano, o alcalde Javier Bas non cumpriu as promesas de aumentar a frecuencia e as paradas entre Redondela e Vigo amosando a súa insolidariedade coas situacións persoais da poboación".


Finalmente, aseguran que "os veciños ante a falta de información do concello tiveron que comunicarse eles mesmos coa compañía Autos González, transmitindo ao PSdeG-Redondela que nin hai nin haberá servizo de autobuses directos ao novo hospital".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: