www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

O Campito F.S. celebra o III campionato de fútbol sala en Chapela
Deporte • 14/07/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Un equipo modesto que continúa a traballar nestes meses de verán coa convocatoria do III Torneo Campito F.S. no que se poden inscribir, ata o venres 24 de xullo, equipos de categoría base, senior e xuvenil tanto femininos como masculinos. A dez días de que expire o prazo hai xa medio cento de inscritos.


Un torneo que se vai desenvolver entre os días 27 de xullo e 2 de agosto con premios en metálico e competicións en todas as categorías. Haberá tamén trofeos ao mellor xogador, ao máximo goleador, ao equipo menos goleado e á deportividade. Malia que as datas non son as mellores, xa que veñen determinadas por cuestión organizativas pola necesidade de disponer do pavillón da parrqouia a tempo completo, parece que os afeccionados están a responder e xa hai 50 equipos anotados.


Para a próxima tempada o seu obxectivo é claro: loitar pola permanencia contando novamente no banco co apoio do actual adestrador Fran Amoedo. A súa renovación ao fronte do equipo estivo en dúbida debido aos seus compromisos laborais e políticos (actualmente é concelleiro de deportes en Pazos de Borbén) pero finalmente seguirá no club.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: