Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

Raquel Quintáns asegura que Redondela Pode "está secuestrada por tres persoas"
Política • 13/07/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Quintáns anunciou hai unha semana que se daba de baixa da formación pero que permanecería como concelleira non adscrita deixando sen representación a Redondela Pode. Nega as acusacións de transfuguismo e asegura que os únicos motivos que a levaron a tomar esta decisión, xunto con outras sete persoas pertencentes á lista electoral Redondela Pode, "é seguir traballando en favor dos nosos votantes e coa filosofía que nos uniu, algo que non era posible ao estar o partido seucestrado por tres persoas". A edil negou ademais que calquera formación allea estea detrás da súa decisión.


Arroupada por outros membros tamén dados de baixa de Redondela Pode, Quintáns asegurou que a súa decisión responde a que "o partido se encontra secuestrado por 3 persoas queostentan cargos como o tesoureiro e o presidente do acta fundacional e o responsable de redes sociais, persoas que funcionaban como non asemblearios, antidemocráticos e manipuladores chegando mesmo a denunciar a un compañeiro por vía penal e baseando a sua denuncia en mentiras só polo mero feito de facer dano e recurrindo a manipulación de actas de asambleas".
Engade que ante dita situación a única saída posible era darse de baixa e seguir traballando pertencendo a Podemos. Finalmente quixo deixar claro que en ningún momento ningunha formación política allea a eles tivo que ver na súa decisión e ratificou que "Raquel Quintáns pasa a ser unha concelleira non adscrita, non mantén ningunha relación política de amiguismo co PP nin con AER, nin con ningunha outra forza política representada no Concello redondelán". 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: