www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 15 de Outubro de 2018

Novos servizos e menos persoal agravan os atrasos no reparto de Correos
Sociedade • 13/07/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Logo de reducirse os cadros de persoal no servizo as demoras no reparto incrementáronse. Dende Comisión Obreiras o responsable provincial de Correos Eusebio Cousillas asegura que nos últimos anos perdéronse catro postos de traballo fixos na oficina de Redondela "o que se traduce en que Correos non estea a facer o reparto diario ao que está obrigado". Unha situación que se agravará en agosto "mes no que o 40% do persoal colle vacacións sen que exista previsión para contratar persoal de substitución".


Explica Cousillas que aínda máis grave é que non se cubran baixas prolongadas ou persoal que reduce o seu horario laboral "o que obriga ao resto dos compañeiros a asumir a súa carga de traballo".


Engade que malia ser certo que se reduciu notablemente o correo ordinario que no pasado atendía Correos, asumíronse pola contra outros servizos que requiren moita atención por parte do repartidor. Pon como exemplo que en Redondela funcione o servizo deseñado por Correos para transportar as mochilas e maletas dos peregrinos que fan o Camiño de Santiago ou o incremento notable da paquetería on line "aplaudimos que a empresa diversifique os servizos pero entendemos que hai que contar con persoal suficiente para que estes funcionen" conclúe Cousillas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: