www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

Arranca a II fase do Mundialito da Xunqueira con 16 equipos
Deporte • 13/07/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Un campionato que continúa con partidos de luns a sábado en horario de tarde e que entra xa na súa segunda fase, logo de quedaren atrás aqueles equipos que non lograron clasificarse entre os catro primeiros de cada grupo.  Reformas Cobi, Cantería Carna, Royal Picasso e Rompetarimas foron os líderes de cada un dos grupos da primeira fase.


Hoxe luns disputaranse a partir das 20:30 horas os primeiros dos encontros correspondentes a segunda fase con partidos entre Reformas Cobi-Rodavigo, Pub Wanda medirase con CCD Cesantes. Cantería Carna xogará contra Opel Fimauto e pechará a xornada Eira Vella contra Degal San Marcos, partido que se disputará ás 22:00 horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: