Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

O PSOE reclama maiores medios ante o risco de incendios forestais
Sociedade • 13/07/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Os socialistas demandan ao concello que asine o convenio con Medio Rural co fin de protexer os nosos montes ante a falta de medios propios cos que conta Redondela xa que "agora mesmo só se dispón de 3 persoas de emerxencias para cubrir todo o municipio". Critican que o PP rexeite a oferta da Xunta para participar dun convenio para a contratación de persoal que traballe no periodo de máximo risco de incendios.


A data de hoxe os socialistas non teñen constancia da sinatura do Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e a entidade local de Redondela para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) que dotaría ao noso concello dunha ampliación do seu orzamento. 


Engaden que o Concello de Redondela tampouco conta con ningún convenio con 085 malia a existencia de importantes masas forestais en case tódalas parroquias cun incalculable valor medioambiental. Ademais, algunhas delas teñen tamén un valor histórico e arqueolóxico "polo que entendemos que se deben facer tódolos esforzos precisos na súa conservación e, por suposto, ter cuberto calquera imprevisto ou ataque do lume".


O grupo socialista entende que "é un grave erro, que non se debería volver a repetir" e engaden que "reclamamos ao concello que realice un esforzo para sumarse ao plan de brigadas forestais xa que esta mesma semana houbo dous incendios e Redondela non pode depender das patrullas sobrantes dos municipios colindantes".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: