Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

Concurso fotográfico "Unha viaxe, unha biblioteca"
Cultura • 10/07/2015
Autor: M. X. Queimaliños

As bibliotecas municipais de Redondela estrean presenza en instagram  co concurso "Unha viaxe, unha biblioteca" que quere ser unha homenaxe moi especial a todas as bibliotecas do país. Os que queiran participar deberán presentar antes do 15 de setembro unha fotografía realizada diante ou no interior da biblioteca do lugar que visiten nas súas vacacións.


Todos os que desexen participar (maiores de 18 anos e residentes en Galicia) poden subir unha fotografia na plataforma instagram coa etiqueta #viaxebiblioteca, onde apareza o propio participante diante ou no interior da biblioteca do seu lugar de vacacións ou da vila que visite nesta época estival, incluíndo na descrición da fotografía o nome do lugar onde se tomou.


O concurso comezou o 1 de xuño e  finalizará o día 15 de setembro deste ano. As bases do concurso, así como a resolución do xurado, composto por membros da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela e que se emitirá o día 30 de setembro, poden consultarse nas redes sociais das Bibliotecas de Redondela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: