www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 14 de Novembro de 2019

Os hostaleiros prevén unha chegada masiva de peregrinos a partir de Semana Santa
Institucional • 10/02/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Confían en que a promoción do Camiño Portugués pola Costa se traduza nun incremento importante de camiñantes que pasen e fagan parada na vila co conseguinte gasto na hostalería local. A Asociación de empresarios editará en abril unha Guía para o peregrino

 


Ante as optimistas previsións de cara a este Ano Santo, que anuncian en Redondela un incremento no número de peregrinos que pasarán polo concello respecto de edicións anteriores, a Asociación de empresarios de Redondela  porá na rúa nos primeiros días de abril unha guía orientada ao colectivo de peregrinos que recolla unha oferta común, articulada e o máis coherente posible coas necesidades dos camiñantes, ofrecéndolle produtos e servizos axeitados a súa demanda como onde comer, onde durmir ou outro tipo de establecementos que ofrezan servizos complementarios.


Campaña día dos namorados


O colectivo empresarial lembra ademais a campaña de promoción polo día dos namorados. Unha data que se celebra o vindeiro domingo día 14, con marcado carácter comercial que este ano está a pasar un tanto desapercibida por coincidir coas celebracións do Entroido.


A campaña consiste no sorteo dunha romántica fin de semana no pazo Torres Agrelo.


establecementos adheridos a Asociación de Empresarios de Redondela poden. Os premiados serán recollidos no seu domicilio nun luxoso coche clásico que os levará a gozar dunha cea e aloxamento no Pazo Torres Agrelo.


O premiado darase a coñecer o venres ás 12 horas na sede de Asociación de Empresarios de Redondela.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: