www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 23 de Outubro de 2018

Pelepau e Pan de Capazo no VI Festival Folk Illa de San Simón
Cultura • 10/07/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O programa que organiza o Círculo Cultural e deportivo de Cesantes arrancará ás seis da tarde con actividades e xogos populares para os máis pequenos na Praia da Punta en Cesantes. A música será a protagonista a partir das 20:30 horas, co son das gaitas e as pandeiretas e con actuacións a cargo de dous grupos referentes xa no Folk Galego: Pelepau e Pan de capazo.


A música de raíz con influencias galegas e vascas e con toques balcánicos será a encargada de pecher un intenso programa musical que contarará tamén coa actuación de Pelepau, formación nacida en Vigo no ano 2010 e formada por 12 percusionistas todos eles mestres en escolas e agrupacións de música e danza tradicional galega e de reconocida traxectoria no panorama musical galego.


Ritmos bailables e animados que se poderán escoitar mañá na Praia de Cesantes na VI edición do Festival Folk Illa de San Simón que contará tamén coa actuación do Grupo de Baile e Gaitas Airiños da Peneda, a formación Licor de Gaita e Os Chavellos de Pereiras.


Dende a organización lembran que durante todo o día haberá bebida e comida a prezos populares e que os nenos contarán con xogos e actividades propias a partir das seis.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: