www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 22 de Outubro de 2018

Raquel Quintáns deixa Redondela Pode e pasa a ser concelleira non adscrita
Política • 7/07/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A concelleira anuncia que "unha ampla maioría dos compoñentes de Redondela Pode decidiron abandonar ó devandito partido, para formar un grupo de traballo co fin de apoiar a Raquel Quintáns Costoya que pasará a ser concelleira non adscrita. Dende o grupo de traballo proximamente realizarase un comunicado explicando por qué tomamos esta decisión".


Raquel Quintáns, que conta tan só con 19 anos, é a concelleira máis nova da corporación municipal en Redondela e a única co que contaba o partido Redondela Pode que logo da súa decisión de darse de baixa queda sen representación.  A edil anuncia que continuará na corporación como edil non adscrita e remite a un comunicado posterior os motivos que a levan- tanto a ela como a outros membros da formación- a abandonar o partido polo que se presentaron o pasado 24M.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: