www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 14 de Novembro de 2019

Servizos Sociais oferta un curso formativo para inmigrantes
Institucional • 10/02/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Un total de 12 persoas recibirán ao longo de 20 horas un curso de técnicas básicas de atención ao paciente. Os interesados deben inscribirse nas oficinas da Concellería antes do 12 de febreiro


Aberto o prazo para participar nun curso básico de atención ao paciente.


Unha actividade formativa orientada ao colectivo de inmigrante que pretende dotar ao alumno dos coñecemento mínimos e necesarios para poder atender ás necesidade básicas de hixiene, mobilidade e control de saúde en persoas válidas, semiválidas e dependentes. En total ofértanse 12 prazas.


O prazo de inscrición remata o vindeiro venres 12 de febreiro. As persoas interesadas poden formalizar a matrícula, completamente gratuíta, na oficina de Servizos Sociais na rúa Isidoro Queimaliños.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: