www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

Os socialistas aseguran que o Centro de Día de Cesantes non abrirá ata o 2016
Política • 7/07/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Malia coñecerse xa que será a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) quen xestionará o centro de Día de Cesantes, logo de facerse co concurso de adxudicación do servizo a día de hoxe descoñécese a data na que este centro asistencial comezará a funcionar. Dende o PSdeG aseguran que a súa apertura non será antes do vindeiro ano e denuncian que "o PP ocultou a cidadanía o non carácter residencial e a insuficiencia das prazas que das 40 proxectadas pasarán a tan só 20".


O centro de día e residencial de Cesantes rematouse en 2012 cun orzamento de 1,6 millóns de euros e a día de hoxe segue pechado o que está a provocar, segundo denuncian dende o PSOE, o deterioro das instalacións.


A parlamentaria Carmen Gallego ven de confirmar que o centro de día de Cesantes "non abrirá as súas portas ata 2016 debido a que non hai orzamento presupostado por parte da Xunta de Galicia para tal actuación". Unha situación que ademais é discriminatoria respecto doutras localidades xa que "o centro de día de Porriño que ía no mesmo paquete xa está en proceso de apertura".


Por outra banda, os socialista ven insuficiente para un concello de 30.000 habitantes as prazas xa que non serán 51 prazas, senón 20 prazas. Ademais de que terá carácter de centro de día e non residencial como era a finalidade na que se creou nun principio. Este último moi necesario e inexistente actualmente no Concello de Redondela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: