www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 24 de Xuño de 2018

Xuntanza informativa sobre o proxecto de reforma da N-555
Sociedade • 7/07/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O colectivo veciñal pola seguridade vial N-555 convoca este xoves dia 9 ás 20:00 horas diante do almacén do Alcampo unha xuntanza informativa  cos veciños/ás da zona par lles informar sobre as alegacións presentadas ao proxecto de actuacións que ten previsto desenvolver nesta estrada o Ministerio de Fomento9, e no que se inclúe a realización de beirarrúas nalgúns tramos do traxecto sen abordar unha actuación na súa totalidade. Na xuntanza estará presente o parlamentario de AGE, Juan Fajardo, quen informará das alegacións presentadas por este grupo ao proxecto de Fomento.


Dende o colectivo veciñal informarase tamén aos asistentes sobre a manifestación que está previsto celebrar no mes de setembro para reclamar unha maior seguridade vial nunha estrada que carece de pasos axeitados para os peóns e na que hai un constante trasego de vehículos pesados. Ademais dos veciños están convocados a asemblea do xoves as formacións políticas locais: PP, PSOE, Redondela Pode, AER, BNG e Esquerda Unida.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: