Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Agosto de 2018

Critican que non se convocase unha concentración logo do último caso de violencia de xénero
Política • 7/07/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O BNG denuncia que non se activara o protocolo contra a violencia de xénero en Redondela no que se establece, entre outras cuestións "colgar un lazo negro na páxina do Concello e convocar unha concentración diante do edificio consistorial". Sen embargo, logo de confirmase que o asasinato de Beatriz Rodríguez aparecida morta xunto ao seu mozo nun coche en Arbo fora froito da violencia machista, dende o goberno local non se activou este protocolo o que, ao entender do bloque, "é unha nova mostra de desinterese do goberno de Javier Bas".


A violencia de xénero cobrábase unha nova vítima en Galicia, Beatriz Rodriguez e o seu compañeiro Sergio González aparecían asasinados no interior dun vehículo en Arbo, Supostamente a ex parella da muller Arturo Domínguez, foi o autor das dúas mortes motivo polo que se atopa xa en prisión imputado por dous delitos de asasinato. Un tráxico suceso que ao entender do BNG debía ter activado en Redondela o protocolo contra a violencia de xénero aprobado polo Concello e no que se establecer que se convoque unha concentración co fin de rexeitar e denunciar a violencia machista e amosar a repulsa da cidadanía contra estes asasinatos. Unha convocatoria que dende o Bloque lamentan "non tivo lugar, malia esperar durante todo o día a que a concelleira de Muller, Teresa París abandeirase a iniciativa".


Lamentan tamén que non se celebrase onte a concentración que se convoca os primeiros luns de cada mes precisamente para amosar a repulsa contra a violencia de xénero.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: