Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

Furancheiros de Saxamonde ofrecen os seus productos na Festa do Viño da Casa
Cultura • 3/07/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Oitava edición dunha cita gastronómico-festiva na que o protagonista indiscutible é o viño que ofertarán os furancheiros da zona e que se pdoerán degustar baixo a carballeira do Chan das Pipas. A programación inclúe actuacións musicais a partir das oito da tarde do sábado e os xa tadiconais xogos bautizados como "agrolimpiadas".


Recén chegado á directiva da Asociación Cultural Chan das Pipas, o seu presidente Antonio Marta, confía en que a cita desta fin de semana sexa todo un éxito logo do intenso traballo dos últimos días. Contará cona presenza dos furanchos do Albino, da Julita e do Ricardo, quen ofrecerán os seu viños caseiros a todos o que se achegue a carballeira do Chan das Pipas.


O sábado as casetas abrirán ás once da mañá e os asistentes poderán acompañar o viño con diferentes racións de polbo, churrasco ou tapas variadas. Xa pola tarde, a partir das 20:00 horas comezarán as actuacións de música e baile a cargo do grupo de baile moderno de Cabeiro, música tradicional a cargo de Fonte do Ouro de Chapela, Froles Mareliñas, pandereteiras Arela de Saxamonde e ol grupo folk Airiños da Peneda. Pechará a xornada a actuación da charanga "Equipo B".


O domingo haberá sesión vermú coa Orquestra de Saxos de Redondela, un xantar popular e pola tarde desenvolveranse as "agrolimpiadas", con modalidades deportivas nas que poderán participar persoas de todas as idades.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: