www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 20 de Outubro de 2018

Arrancan as actividades de verán de Soutomaior coa participación de 376 rapaces
Deporte • 1/07/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Un intenso programa que se desenvolverá ata o 2 de agosto e que permitirá aos participantes, de idades comprendidas entre os 3 e os 15 nos participar de actividades diversas como os deportes náuticos, veladas nocturnas, acampada ou novas alternativas como o xeocaching, unha proba de orientación por GPS.


Unha programación de verán que organiza a Concellería de deportes e que se vai desenvolver durante todo o mes de xullo. Os participantes, ademais de actividades deportivas e lúdicas diarias terán a oportunidade de participar de diversas saídas como una visita a Casa do Queixo de Grixalba en Sobrado dos Monxes ou aos Muiños da Barosa en Barro e a granxa escola Casa da Terra de Antas de Ulla.


Nesta primeira semana as actividades centraranse no Peirao de Arcade con miniolimpiadas e olimpiadas tolas.


O venres pola noite a partir das 22:30 horas haberá unha velada nocturna cunha actividade de rastrexo na que poderán participar todos os nenos inscritos acompañados polos seus pais. O punto de encontro será no pavillón municipal de A Montesiña.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: