www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Decembro de 2018

Un mozo de 38 anos de Chapela ameaza con prenderse lume no seu coche
Sucesos • 29/06/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Os feitos producíronse na madrugada de hoxe e a intervención dun médico psiquiatra foi decisiva xa que logrou convencer ao home para que saíse do turismo que tiña asperxido previamente de gasolina. O mozo foi trasladado nunha ambulancia a un centro hospitalario. A policía nacional puxo en marcha un operativo de emerxencia no que contaron coa colaboración da Policía Local e Bombeiros de Vigo.


O incidente producíase na madrugada de hoxe na Avenida de Vigo en Chapela. O mozo, logo de advertir a un familiar das súas intencións suicidas, meteuse no seu vehículo que rociou previamente con gasolina. Ante o risco de que o home, veciño da parroquia de Chapela e de 38 anos de idade, puidera levar a cabo as súas ameazas, desprazouse ao lugar a Policía nacional que con apoio dos axentes da policía local e dos bombeiros de Vigo puxeron en marcha un dispositivo de emerxencia para actuar de xeito inmediato no caso de producirse o lume.


Afortunadamente non foi necesaria a intervención policial logo de que un médico psiquiatra lograra convencer ao home para que desistise das súas intencións. Finalmente saía polo seu propio pé do vehículo, sendo trasladado en ambulancia a un centro hospitalario.


Axentes da policía fixéronse cargo do vehículo para evitar calquera incidente ao estar empapado con combustible.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: