Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

Probas de acceso no Conservatorio de Música
Cultura • 29/06/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O Conservatorio Profesional de Música "Victor Ureña" de Redondela realizará as probas de acceso a 1º curso de grao elemental os días 29 e 30 de Xuño dende as 16.30 horas as 18.00. As especialidades ofertadas son; frauta traveseira, trompeta, trombón, tuba, bombardino, trompa, saxofón, clarinete, violín, percusión e piano.


Un centro educativo que ten aberto o prazo de matrícula tanto no Conservatorio de Música como na Escola de Música Municipal na que se poderán matricular pequenos e maiores de tódalas idades en instrumentos como frauta traveseira, trompeta, trombón, tuba, bombardino, trompa, saxofón, clarinete, violín, percusión, piano, viola, violonchelo, gaita, teclados, música moderna en tódalas especialidades instrumentais, ademais de clases de canto e música e movemento para nenos dende 3 anos e conxunto instrumental.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: