www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 14 de Novembro de 2019

Detido en dúas ocasións nunha semana o mesmo individuo polo roubo de diferentes vehículos
Sucesos • 9/02/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O home, veciño de Redondela de 39 anos, conta con 69 antecedentes e nesta ocasión se lles acusa do roubo dun Ford Fiesta na rúa Salgueiral. O pasado xoves día 4 fora detido por un delicto idéntico


Axentes da Policía Nacional detiveron na xornada de onte por segunda vez en menos de unha semana a J.M.G. de 39 anos de idades como presunto autor dun delicto de roubo de un vehículo. O individuo, que conta con 69 antecedentes, fora detido o pasado xoves por idéntico motivo.


Nesta ocasión acúsaselle do roubo dun vehículo Ford Fiesta localizado na rúa Ponte da Lama de Redondela que fora roubado día antes da rúa Salgueiral.


Os axentes da policía identificaron ao autor do roubo, un individuo con sesenta e nove detencións anteriores, a maioría por delictos contra a propiedade.


Na tarde de onte procedeuse á súa detención pasando a disposición do Xulgado de Instrucción Número dous de Redondela

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: