www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 26 de Maio de 2018

Cogami xestionará o Centro de Día de Cesantes
Institucional • 25/06/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A Confederación Galega de Personas con Discapacidade (Cogami) xestionará o centro de Día de Cesantes logo de facerse co concurso de adxudicación do servizo. Con todo, descoñécese a data na que este centro asistencial comezará a funcionar xa que a empresa aínda está pendente da firma do contrato co Consorcio Galego de Benestar. Dende o goberno local instan a que estes trámites se aceleren para que o Centro de Día "sexa aberto canto antes".


O Centro de Día de Cesantes segue coas súas portas pechadas malia teren pasados tres anos dende que o edificio fora construído (as obras remataron en 2012). Iso si, parece que a data de apertura podería estar próxima logo de que o servizo fora adxudicado á Cogami, quen se encargará de xestionar una infraestruturas para persoas dependentes que contempla una capacidade de 51 usuarios con 21 prazas de carácter residencias e trinta no centro de día.


O alcalde Javier Bas e a concelleira de Servizos Socias, Mª Carmen Amoedo, reuníronse xa coa responsable de Cogami, Cristina Delgado López e interesáronse polo estado do procedemento, sendo remitidos ao Consorcio Galego de Benestar para a información do proceso e prazos de execución e informados de que está pendente a firma de contrato, que se producirá en canto sexan notificados polo Consorcio Galego.


Os representantes municipais trasladaron a necesidade de que o Centro de Día de Cesantes sexa aberto o antes posible, xa que o Concello de Redondela ve necesaria a apertura de dito centro.


Tamén se amosaron interesados nas iniciativas de emprego para persoas con discapacidade que desenvolve Cogami,  e dende a concellaría de Servizos Sociais queren coñecer  o funcionamento  para estudar  a súa implantación en  Redondela .


Nestes intres Cogami, ten un espazo habilitado no Multiusos de Redondela onde convoca as persoas con algunha discapacidade interesadas en buscar unha saída laboral ou ben participar dos seus cursos de formación.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: