www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 22 de Setembro de 2018

Un lume arrasa 33 hectáreas de monte arborado en Soutomaior
Sucesos • 25/06/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O lume quedou extinguido ás 3:25 horas da madrugada de hoxe, segundo información facilitada pola Consellería de do Medio Rural e do Mar. O incendio iniciárase ao redor das dúas da tarde no lugar de Vela no barrio de Camboa e propagouse rapidamente favorecido polo vento. Todo apunta a que o lume foi intencionado xa que se detectaron dous focos.


O lume quedou extinguido ás 03:25 horas de hoxe, tras comezar onte mércores ás 13:45 horas. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 33 hectáreas, das cales 26 corresponden a monte arborado e as 7 restantes a raso. Nos traballos de extinción deste incendio participaron 5 axentes forestais, 6 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 1 helicóptero e 2 avións e malia a virulencia do lume en ningún momento se temeu pola seguridade das vivendas xa ue as lapas mantivéronse afastadas das zonas habitadas.


A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: