www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 14 de Novembro de 2018

Cursos gratuítos de informática para nenos
Sociedade • 24/06/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O Departamento de novas tecnoloxías ten aberto o prazo de inscrición para participar das actividades de iniciación á informática que se van desenvolver nos meses de xullo e agosto tanto en Redondela como en Chapela. Uns cursos orientados a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 13 anos completamente de balde nos que cómpre inscrición previa.


Os interesados poden inscribirse en diferentes quendas, xa que tanto en Chapela como en Redondela as clases impartiranse entre os días 6 e 29 de xullo, os luns e mércores. Haberá dous grupos, o primeiro en horario de 9:30 a 11:00 está orientado a nenos que teñan entre 6 e 9 anos, mentres que os maiores desa idade, os que teñan entre 10 e 13 anos deberán escoller o horario de 11:30 a 13:00 horas.


Xa no mes de agosto desenvolverase un novo curso de iniciación á informática e internet entre os días 2 e 26.


O prazo para se inscribir remata catro días antes do inicio da actividade. As instancias p´doense descargar da páxina web www.redondela.gal. Máis información no departamento de novas tecnoloxías no segundo andar do Multiusos da Xunqueira ou no teléfono 986 400366


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: