www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 14 de Novembro de 2019

Seis gardas vixían os bancos marisqueiros de Cesantes para evitar o furtivismo
Sociedade • 8/02/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Reducir o marisqueo ilegal é o obxectivo do plan de seguridade que funciona na zona de Cesantes, financiado ao 50% entre a Xunta e os armadores. O patrón maior denuncia con todo o abandono que sobre a confraría por parte das administracións e que impide ter unha instalacións en condicións

 


Un plan de seguridade que permite controlar a recollida ilegal de marisco na zona de Cesantes e que se financia ao 50% entre a Xunta de Galicia e os propios mariñeiros e mariscadores. De feito, segundo explicou o patrón maior de Redondela, Clemente Bastos, cada armador cede un 4% das súas ganancias para financiar este plan e protexer os bancos dos furtivos.


Unha vixilancia as 24 horas do día en mans dunha empresa privada que se suma a outras campañas puntuais que se desenvolven nos períodos estivais encamiñados a concienciar aos bañistas e usuarios da praia das consecuencias de apañar marisco de xeito ilegal. consecuencias negativas para os mariscadores pero tamén para os consumidores quen se xogan a saúde ao consumir productos cuxa procedencia e estado se descoñece.


Abandono das administración


Respecto dos proxectos que ten en marcha a confraría, o patrón maior denuncia o abandono que sofre o gremio redondelán por parte das administración e reivindican unha vez máis melloras como acometer de urxencia unha obra no peirao para ampliar o calado "xa que os barcos so poden atracar cando hai preamar" e a ampliación da lonxa coa dotación das cámaras frigoríficas.


Bastos trasladou estas demandas á Consellería do mar a quen reclamou tamén a creación dun banco marisqueiro de 20.000 metros cadrados ao sur do peirao de Cesantes e un barco que permita limpar a zona de A Barra

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: