www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 17 de Novembro de 2018

O BNG entende que os cambios no goberno de Bas son "froito da tensión interna que vive o PP"
Política • 22/06/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Xoán Carlos González, acusa a Javier Bas de considerar o Concello como unha "axencia de colocación" e califica a renuncia de Ana Alonso "froito das liortas internas que no Partido Popular deixaron os resultados das Municipais". Para o concelleiro do BNG "que despois dunha semana de teren tomado posesión, unha peza destacada do organigrama do goberno de Javier Bas (en referencia a que fora concelleira de Economía e facenda Ana Alonso) renuncie a continuar "amosa as tensións que vive o PP en Redondela". Engade o edil que Alonso "que foi a encargada de manter as negociación máis duras con AER durante o anterior mandato, foi a grande sacrificada nestas liortas".


Para o concelleiro nacionalista  "a rocambolesca historia continúa coa fórmula de saltarse ao seguinte na lista, que sería Cándido Vilaboa. Deste xeito, desfaise Javier Bas, do sector interno do Partido Popular que maior oposición interna lle prantexou, do que unicamente quedaría Miguel Ángel Ballesteros".


Considera que outra volta a área de Cultura de Redondela volve ser a grande damnificada en toda esta historia. "Únicamente por respostar a intereses personalistas, unha área tan relevante en Redondela, vai sufrir negativamente as consecuencias" e vaticina "un panorama moi escuro para o futuro da cultura en Redondela coa xestión cultural en mans dunha empresa, traballadores doutras áreas asumindo o papel que non lles compete, concelleiros que pasan por esta área sen ter capacidade de decisión nin autonomía, departamento que se xestiona con criterios mercantilistas".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: