www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 25 de Setembro de 2018

O Racíng recibirá unha subvención de 3.000 euros en canto presente a documentación requirida
Deporte • 18/06/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello de Redondela asegura que o Racing Club de Chapela non recibiu as axudas municipais porque a data de hoxe aínda non presentaron a documentación necesaria para poder acceder a subvención que a Concellería de deportes concede as asociacións para participar en competición oficiais. Unhas aclaracións que o goberno local fai logo de que o Racing denunciase que os atrasos en ditas axudas impedirán aos nadadores Mauro e Loira participar no campionato de Europa para deportistas con síndrome de Down.


Para poder participar en dita competición, os deportistas deben formalizar a súa inscrición antes do 30 de xuño. O presidente do Racing, Enrique Carro denunciou días atrás que os atrasos nas axudas tanto da Xunta como da Deputación e do propio concello facían perirar a presenza de Mauro Rodríguez e Loira Fernández nestes campionatos que se van desenvolver en Italia.


Dende o Concello aclaran agora que dende o pasado 15 de maio está aberto o prazo para que todas as asociacións deportivas soliciten as axudas que a Concellería de deportes concede a estas entidades para participar en Competicións oficiais e tamén para a organización de eventos deportivos. Sen embargo esta asociación aínda non ten presentado a documentación necesaria para facerse con esta subvención "malia térselle requirido tanto por correo como vía telefónica".


Engaden dende a Concellería de deportes que "sempre se tiveron en conta que as características do Racing o que o converten nun club prioritario polo que no momento que presenten a documentación a súa resolución é inmediata". Confían ademais que agora os responsables do club entreguen os documentos canto antes "xa que os máis prexudicados ante esta situación son os propios deportistas".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: