www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 15 de Decembro de 2018

Aurelio Krook: "A SAR precisa un relevo na directiva para asumir os novos retos"
Deporte • 16/06/2015

O presidente valora moi positivamente a temporada que acaba de rematar, xa que o equipo masculino acadou a permanencia na Primeira Estatal cunha meritoria sexta praza, dando salida á canteira, e o feminino ascendeu a Divisón de Honra Prata.

Con este balance, e tras dez anos na directiva, Aurelio Krook "Lito", pide un relevo na presidencia.


Esta semana convocarán aos socios a unha asemblea para ofrecer o balance de contas, e abrirase o prazo para que se presenten candidaturas. O actual presidente confía en que se presente algunha candidatura "con novas ideas" para seguir mellorando o club.


En canto ó ascenso na categoría feminina é un premio para as xogadoras, que pelexaron durante a temporada e a fase de ascenso para acadar este soño. O Comité de Competición da Federación Española de Balonmán confirmoulle ao equipo redondelán que a praza era súa, xa que o Almasora Castelló non pode ascender porque ese mesmo club xa ten un equipo en División de Honra Prata feminina. Isto é unha boa noticia para o balonmán galego, que contará con catro equipos femininos na categoría, dun total de dez. E un éxito para Redondela, porque dous equipos son locais: a SAR Shopimagen e o Castro Chapela, aos que hai que sumar o Seis do Nadal Coia e o A.D. Carballal Seyolc. Krook sinala que será un reto a nivel económico para o club, que terá que afrontar longos desprazamentos do equipo.


Con todo, o feito de que tres dos clubs participantes sexan da provincia é "un alivio". Polo tanto só serán seis os desprazamentos longos que teñan que afrontar as redondelás, polo esperan que o esforzo económico sexa "asumible".


Torneo Internacional en Portugal


Entre os días 24 e 28 de xuño a SAR participará con sete equipos no torneo organizado no país veciño, en Estarreja, Aveiro. O club redondelán viaxa con equipos masculino e feminino nas categorías Alevín, Infantil e Cadete, e co masculino de Xuvenís. Un total de 200 equipos e 3.500 xogadores danse cita neste torneo


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: