www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 25 de Setembro de 2018

III campus de baloncesto organizado polo Club de Baloncesto de Redondela
Deporte • 15/06/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O Club de baloncesto naceu hai tres anos co obxectivo de promover este deporte e dar unha saída a os xa afeccionados. A súa presidente Paula Fernández López explica que os inicios foron difíciles pero que a día de hoxe conta con case 100 xogadores. Un club que centra boa parte do seu traballo nas actividades escolares pero que de cara a vindeira semana teñen xa en marcha o III campus de baloncesto orientado a mozos e mozas de 5 a 17 anos.


Hoxe día 15 de xuño é o último día para se inscribir no III campus de baloncesto de Redondela. Organizado polo Club de baloncesto local, o campus celebrarase entre os días 22 e 26 de xuño en horario de mañá de 10 a 13:30. As actividades desenvolveranse no pavillón do instituto Mendiño e están orientadas a nenos e nenas nacidos entre os anos 1999 e 2009, é dicir, que teñan entre 5 e 17 anos de idade.


O prezo do campus é de 30 euros para aqueles xogadores do club e 40 euros para os alleos á entidade deportiva.


Os obxectivos do campus son fomentar o baloncesto, proporcionar aos nenos un espazo no que practicalo xunto con outras actividades paralelas tamén relacionadas co deporte e dar un servizo a pais e nais en período vacacional dos rapaces.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: