Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Agosto de 2018

Abre o prazo para se inscribir no campamento urbano orientado a nenos de 4 a 12 anos
Sociedade • 15/06/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellaría de Xuventude organiza un campamento urbano totalmente gratuíto. O principal obxectivo desta actividade é ofrecer ás nenas e nenos un espazo lúdico alternativo neste período de vacacións. O prazo de inscrición é do 15 de xuño ao 3 de xullo. As prazas serán cubertas por rigorosa orde de inscrición ata cubrir 30 prazas diarias.


A actividade, dirixida aos rapaces e rapazas do concello de Redondela con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, desenvolverase na Alameda de Redondela, en horario de 9.30 a 13.30 horas. Para completar a inscrición será preciso presentar o volante de empadroamento do menor ou dalgún dos seus proxenitores.


Haberá tres quendas, podéndose elixir unha, dúas ou tres semanas, do 27 ao 31 de xullo, do 3 ao 7 de agosto ou do 10 ao 14 de agosto


As solicitudes, así como máis información, están dispoñibles no departamento de Participación Cidadá e no punto de información do Concello de Redondela en horario de 9:00 a 14:00 horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: