www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 24 de Xuño de 2018

Concerto de Sheila Patricia no Multiusos
Cultura • 12/06/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O auditorio da Xunqueira acolle este sábado 13 ás 21:00 horas o concerto a cargo da artista galega Sheila Patricia. Cantautora e intérprete, tráenos ao concello de Redondela o seu traballo "El Camino de los sueños", un espectáculo no que destaca a canción de autor, o fado ou a bossa.


O concerto preséntase en formato cuarteto no que Sheila Patricia na guitarra e na voz estará acompañada de María Aguete García (guitarras e baixo), Sammi Serrano (piano) e Dam Santana na percusión.


Súmanse ao espectáculo na área de danza Tatiana Gonzalez e a poeta galega Xulia Maria que fará a ambientación poética.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: