www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 13 de Novembro de 2019

O Canario Cathering salva o partido no último segundo
Deporte • 8/02/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Os de Chapela continúan líderes en Primeira Nacional logo dunha apertada vitoria ante o Cisne. Na vindeira semana desprázanse a terras asturianas, onde xogarán co Xixón.


Un gol de Chema Cid no último segundo do encontro deixou a vitoria en Chapela onde o Canario Cathering se enfrontou o pasado venres ante o Cisne. Partido que rematou co apertado resultado de 34-33 que permite ao Canario continuar líder en Primeira nacional.


Un partido adiantado que contou con boa entrada no pavillón de Chapela e que foi o único encontro con presenza local disputado na fin de semana, xa que os outros dous partidos previstos nos que tanto o Chapela como a Sar se debían enfrontar ao OAR Coruña, tiveron que ser suspendidos debido á folga indefinida que protagonizan os traballadores das instalacións deportivas e que impediron abrir o pavillón coruñés.


Si se puido disputar o partido do venres onde o Canario a piques estivo de deixar escapar o encontro debido a unha gran cantidade de erros cometidos na segunda parte do encontro. Nos primeiros minutos os de Chapela mostráronse superiores ao Cisne chegando ao descanso cun resultado favorable de 17 tantos a 12. Con todos, esta notable vantaxe foi esmorecendo no segundo tempo ata chegar ao final cun empate a 33 tantos no marcador que foi superado polos de Teixeira grazas a un tanto no último segundo de Chema Cid.


O Canario continúa líder e deberá defender esta posición na vindeira semana nun encontro contra o Xixón que se xogará en terras asturianas.


Pola súa banda a Sar xogará na bomboneira nun partido que se prevé moi igualado, xa que se enfronta ao Puerto de La Cruz, dous equipos empatados a 16 puntos.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: