www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 20 de Maio de 2018

Unha historia de golfiños para dar a coñecer a enseada de San Simón aos máis cativos
Cultura • 12/06/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O libro ilustrado "As aventuras dos golfiños" presentarase o venres 12 ás 20:00 horas no Multiusos do Piñeiral do Crego en Chapela. Unha historia escrita por Purificación Serrano e Paula Gozalo, ilustrado pola pintora Purificación García que convida ao pequenos a achegarse a ría, coñecer a súa toponimia e vivir unha aventura pola enseada.


Orientado a nenos e nenas ata os sete anos de idade, este libro editado pola Concellería de Cultura ven acompañado dun "obradoiro para emocionarte". Unas unidades didácticas que servirán para que país e mestres traballen cos pequenos aspectos diversos cunha orientación pedagóxica. Ademais, coa simple lectura do conto os cativos achegaranse a personaxes vencellados a nosa enseada como o Capitán Nemo, coñecerán a toponimia das nosas praias e contorna e vivirán unha aventura debaixo do mar.


Este libro é un proxecto que levaron a cabo dúas autoras de Redondela, vinculadas ambas ao mundo da educación infantil: Purificación Serrano Caviedes e mais Paula Gozalo con ilustracións de Purificación García. Na publicación colabora o Departamento de Cultura do Concello de Redondela, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística.