www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

Protagonismo para o motor en Trasmañó
Sociedade • 3/06/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A parroquia de San Vicente de Trasmañó vivirá esta fin de semana dúas intensas xornadas nas que o motor será o protagonista indiscutible, o sábado cunha ginkana orientada a todo tipo de vehículos e o domingo coa celebración da segunda xuntanza de coches e motos clásicas.


O campo de fútbol de San Vicente de Trasmañó acolle esta fin de semana unha ginkana automovilística na que participarán pilotos de diferentes categorías: tracción dianteira e traseira, todoterreos 4x4, quads, motos e kart cross. A competición comezará ás dez da mañá  organizada cpola comisión de festas de Trasmañó. Haberá premios en metálico para os mellores clasificados e un trofeo para os dez primeiros de cada categoría. Os interesados en competir deben inscribirse no teléfono 663176951 ou 670 884 419. O prezo por piloto é de 25 euros.


Xa na xornada do domingo día 7 haberá unha xuntanza de coches e motos clásicas organizada pola cantina de Trasmañó. Os participantes daranse cita ás 10:30 horas no torreiro da Igrexa. Todos eles recibirán un agasallo e celebraranse diferente sorteos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: