www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 18 de Setembro de 2018

Redondela baixa dos 2.500 desempregados
Sociedade • 3/06/2015
Autor: M. X. Queimaliños

En concreto son 2.449 persoas as que se atopan inscritas nos servizos de emprego do noso concello segundo os últimos datos feitos públicos pola Consellería de traballo e que se corresponden co mes de maio. Un bo mes para a toda a comarca, xa que tamén en Soutomaior, Fornelos e Pazos constátase unha diminución no número de desempregados.


Maio foi un bo mes para o emprego na metade sur da provincia de Pontevedra, cun descenso global dun 3,5% no número de desempregados. Unha diminución no paro que se constata tamén nos concellos da nosa bisbarra, con 119 persoas menos inscritas en Redondela que nos deixa un cómputo total de 2.449 persoas anotadas nas listas do paro.


Diminución tamén no resto dos concello con 31 persoas menos en Soutomaior e un total de 792 desempregados. En Pazos de Borbén o número de inscritos ascende a 390 persoas, 15 menos que no mes anterior, e en Fornelos de Montes a diminución foi menor: seis parados menos e un total de 193 desempregados.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: