www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

San Simón acolle as 1ª Xornadas Galegas de Fotografía
Cultura • 2/06/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O colectivo Arte_K3 organiza esta actividade que se desenvolverá entre o 19 e o 21 de xuño, tres días nos que os asistentes poderán participar de obradoiros fotográficos, relatorios debate, exposicións e proxección de películas relacionadas coa fotografía así coma un concurso fotográfico aberto a todos os asistentes. As persoas interesadas deben inscribirse antes do venres 5 de xuño. Máis información nos teléfonos 625 834 660 e 648 249 449.


As 1º Xornadas Galegas de Fotografía IMAXE 1.62 nacen da iniciativa do colectivo de arte_k3 e teñen pro obxecto promover un espazo de investigación, reflexión e aprendizaxe para difundir, sensibilizar e promover a fotografía fundamentalmente no seu carácter comunicativo, artísticos e social.


Este evento, que se desenvolverá na fin de semana do 19, 20 e 21 de xuño na Illa de San Simón está aberto a artistas, colectivos, afeccionados, profesionais e docentes da fotografía e propón un completo programa de actividades. Así haberá obradoiros que correrán a cargo de Pablo Mª García Llamas, Richard Candendo, Gustavo Marshall,  Eduardo Portela e Pablo Mella nos que se abordarán cuestión como o Desnudo artístico e erótico, a Edición creativa ou o Time lapse, entre outras. Haberá tamén debates e a exposición "Otras miradas" de Alex F. Romero.


Un programa que se completa cun obradoiro de fotografía nocturna para todos aqueles que queden a pernoctar na illa e a proxección de películas relacionadas coa fotografía na noite de venres e sábado.


O prezo por persoa depende da opción elixida. Os que opten pola estancia completa que inclúe a pernoctación na illa nas noites de venres e sábado con manutención incluída así como o resto de actividades deberán abonar 200 euros. Prezos máis económicos para aqueles que desexen ir unha única xornada ou asistir a ponencias e actividades concretas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: