www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 14 de Novembro de 2018

Actividades para os nenos e visitas guiadas a San Simón para celebrar as festas da Coca
Cultura • 1/06/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A tradicional Danza das espadas e as Penlas e a elaboración das alfombras florais centran a atención dun programa que arrancará na tarde do mércores co pregón ás 20:00 horas. No festivo do xoves a Coca dos nenos centrará as actividades infantís na alameda a partir das seis da tarde con xogos, circo e teatro, actividades que se repetirán no mesmo horario na xornada do venres. A orquestra El combo dominicano será a protagonista da verbena do mércores a partir das dez da noite.


Redondela iniciará as festas da Coca este mércores co tradicional desfile de xigantes e cabezudos acompañados polo grupo de gaitas Airiños de San Simón ás seis da tarde. A continuación soará na Alameda a música da orquestra de Saxos do Conservatorio que dará paso ao pregón e o acto solemne de relevo das penlas e homenaxe ás alfombristas.


A verbena arrancará ás 22:00 horas coa orquestra El Combo dominicano. Unha música que soará mentres no casco vello ducias de persoas participan da elaboración das alfombras florais. Uns tapices florais que contarán neste ano cos presenza de novos voluntarios, xa que farán alfombra as parroquias de Saxamodne e Reboreda.


O día grande das festas será o festivo do Xoves do Corpus, unha xornada que arrancará cos actos relixiosos ás 10:30 cando se traslade a virxe de A Gabacha á Igrexa de Redondela. Os actos principais serán ás doce do mediodía co desfile da Coca acompañada polos xigantes e cabezudos e a procesión polas rúas decoradas con alfombras florais así como o posterior baile das espadas e as penlas na praza da Constitución previsto para a unha do mediodía.


Xa pola tarde o protagonimsmo será para os nenos que poderán gozar na Alameda coa casa dos xogos, o espectáculo circense Cousas do Trasno a cargo de Pistacatro e o espectáculo "Veló como el rayo" do madrileño Javy-Javichy.


A orquestra Televisión será a encargada de pechar a xornada festiva.


Xa o venres os actos principais volverán xirar en torno aos máis pequenos coa Coca dos nenos que contará co espectáculo musical de migallas teatro "Merenda con pan de millo" a partir das 18:30 horas e posterior verbena nocturna ás 22:00 horas con Alkar e Palladium.


Unhas orquestras que cobran protagonismo tamén na fin de semana con Atenas e paraíso o sábado e París de Noia o domingo.


Dende a Concellería de festas, a súa responsable Herminda Quelle lembra ademais que haberá visitas guiadas a san Simón que partirán ás 12:00 dende Meirande e xa pola tarde dende Cesantes, unha actividades de balde pero na que cómpre inscrición previa na oficina de turismo de Redondela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: