www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 13 de Novembro de 2019

O Entroido redondelán promove a participación de comparsas con 12.000 euros
Cultura • 5/02/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O tradicional desfile de Entroido celebrarase o domingo 14 de febreiro a partir das seis da tarde. Para participar é preciso inscribirse no Concello antes do vindeiro xoves. Os participantes optarán a premios que van dos 900 aos 300 euros no caso das comparsas, mentres que parellas, grupos e disfraces individuais optarán a galardóns de menor contía económica


Comparsas, grupos e parellas teñen de prazo ata o vindeiro 11 de febreiro para inscribirse no desfile que se celebrará o domingo 14 en Redondela.


O concello destina un total de 12.000 euros a esta actividade, que se repartirá entre as axudas que se outorgarán a cada agrupación participante e os premios, que van dende os 900 euros que recibirá a primeira comparsa clasificada, 200 euros para o mellor grupo, cen euros é a cantidade que recibirá á parella mellor disfrazada mentres que o disfrace individual que máis convenza ao xurado percibirá 80 euros.


O Xurado poderá deixa-los premios desertos, así como conceder, como máximo,


dous premios de non mais de 1.500,00, a aquelas comparsas que polas súas especiais


características destaquen na exaltación da Festa do Entroido


En canto aos requisitos para participar, ademais do número de participantes que no caso das comparsas deberá superar os 25, este conxuntos deberán gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario coma na súa actuación. No referente ás carrozas deberán ter unha altura máxima de 4,50 metros e un ancho máximo de 4,00 metros.


Para inscribirse é imprescindible inscribirse no rexistro xeral do Concello antes do 11 de febreiro.


O desfile celebrarase o domingo 14 de febreiro e partirá as 18:00 horas do Campo da Feira onde os participantes deberán presentarse unha hora antes.

Comentarios
Cani
Domingo 7 de Febreiro de 2010 ás 01:49 horas
Parab o Circo ha cartos!
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: