www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 16 de Outubro de 2018

Charla sobre a sanidade pública en Chapela
Sociedade • 27/05/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación de veciños de Chapela organiza este xoves 28 ás 19:30 horas no Multiusos do Piñeiral do Crego unha charla sobre a sanidade pública e a xestión do novo hospital de Vigo. Participarán Carmen Gonzélez Mao, xefa da sección de análises clínicos e as microbiólogas Gema Mediero e Carmen Potel.


Nesta charla coloquio aberta a todo o público falarase particularmente das carencias deste novo hospital que segundo explican os profesionais que participarán vai carecer nas súas instalación de laboratorios de análises clínicos, inmunoloxía, hematoloxía, e microbioloxía. Engaden que  "sen este laboratorio integral a saúde dos pacientes corre un grave risco".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: