www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 21 de Xuño de 2018

Manu Lourenzo: "Os veciños de Soutomaior queren afastarse das políticas antisociais do PP"
Política • 20/05/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O candidato do BNG no concello de Soutomaior lidera unha lista renovada pero "na que contamos tamén con xente moi experimentada no "ámbito político e social". Son conscientes de que vai ser difícil darlle a volta a un concello que nos últimos vinte anos estivo gobernado polo PP pero confían tamén en que "as ganas de cambios que nos trasladan os veciños fartos das políticas desenvolvidas ata o de agora" se traduzan nun apoio nas urnas que lles permita chegar á alcaldía.


Para acadar ese obxectivo presentan un programa electoral cargado de propostas que pasan por medidas no plano urbanístico como a elaboración do PXOM e diferentes actuacións encamiñadas a humanizar o núcleo urbano. Entenden prioritario dotar ao concello doutro instituto e adoptar medidas de saneamento da ría. Apostan tamén porque a cultura sexa un dinamizador da economía local.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: