www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 17 de Novembro de 2018

Verónica Montero: "Hai que crear emprego para evitar que os mozos marchen do concello"
Política • 20/05/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O obxectivo que se marcan os socialistas de cara a estas eleccións municipais pasa necesariamente por incrementar o número de representantes cos que contan actualmente, con tan só un edil na corporación de Soutomaior. Centran o seu programa en dous eixos principais: no emprego e na transparencia.


A candidata do PSOE, Verónica Montero salienta como principal problema do concello de Soutomaior "a pouca oferta laboral, principalmente entre os máis novos que fai que estean a marchar do municipio". Asegura que dende a administración local hai moitas medidas que se poden adoptar orientadas a mellorar a empregabilidade como por exemplo a realización de cursos de formación ou incluso promover a hostalaría e outras empresas de ámbito local para crear postos de traballo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: