Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Agosto de 2018

A Cidade dos nenos de Tonucci modelo urbanístico de AER
Política • 20/05/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O proxecto "A cidade dos nenos" de Francesco Tonucci formula un proxecto urbanístico orientado a facer posible que os nenos poidan sair de casa sen seren acompañados. A aplicación desta premisa en Redondela implicaría una serie de cambios importantes no actual urbanismo recuperando espazos de mobilidade para tódolos veciños, priorizando os peóns sobre os vehículos,  fomentando sistemas alternativos, seguros e medioambientalmente respectuosos de transporte así como a creación de rutas a pé e "sendas escolares".


A Agrupación de electores lembra que este proxecto foi xa levado a cabo en diferentes cidades como Badalona, Móstoles ou máis preto de nós en Pontevedra, e supuxo una transformación progresiva dos seus cascos urbanos cun alto grao de satisfacción por parte dos veciños.


O eixo vertebral do proxecto de Francesco Tonucci radica en recuperar as cidades para os nenos o que de xeito inherente implica recuperar espazos de mobilidade para tódolos veciños e leva parello priorizar aos peóns sobre os vehículos,  fomentar sistemas alternativos, seguros e medioambientalmente respectuosos de transporte, pasando pola potenciación e creación de rutas a pé e mesmo de "sendas escolares". En definitiva, consistiría nunha proposta transversal que implicaría a tódolos sectores da administración local para unha transformación do urbano e da realidade do concello tendo como centro as persoas.


O proxecto ten como un dos seus principais obxectivos facer posible que os nenos e nenas poidan saír de casa sen ser acompañados, para poder atoparse cos seus amigos e xogar nos espazos públicos da súa vila; desde o patio da casa, á beirarrúa, a praza ou o xardín. Así, o proxecto formula como básico mellorar a seguridade en diferentes aspectos tales como no persoal, no referente ao tráfico ou á contaminación.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: