www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 22 de Setembro de 2018

Redondela Pode denuncia ao PP ante a xunta electoral por "publicidade encuberta" en Chapela
Política • 19/05/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Denuncian a colocación dunha pancarta-anuncio das futuras obras de parques infantís na parroquia de Chapela, polo que instan á Xunta Electoral a que tome urxentemente ás medidas oportunas. Entenden os denunciantes que con esta acción tanto Javier Bas como o partido Popular incumpriron a Lei Electoral na que se establece que "está prohibido calquera acto organizado ou financiado polos poderes públicos que se poida considerar unha campaña de realizacións ou logros".


Explican os membros de Redondela Pode que o pasado sábado ás doce do mediodía e en plena campaña electoral o candidato popular á alcaldía Javier Bas dedicábase a repartir propaganda electoral mentres a escasos metros "unha empresa privada colocaba na alameda da parroquia unhas pancarta cunha imaxe virtual dun futuro parque infantil". Engaden que esa mesma mañá aconteceu outro acto semellante nas inmediacións do multiusos do Piñeiral.


Por este motivo solicitan que a Xunta electoral de Zona "tome urxentemente as medidas oportunas ante esta grave situación que consideramos de publicidade encuberta".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: