www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 22 de Setembro de 2018

O Club de Remo Chapela imponse no Memorial Pepe Viéitez de Traineriñas en augas da Guía
Deporte • 18/05/2015
Autor: Ana Prieto

Co mar en calma e temperaturas de verán, os clubs máis fortes demostraron a súa calidade. As mozas de Chapela, os xuvenís de Mecos e os absolutos de Tirán confirmaron onte o seu dominio das traineriñas na provincia e alzáronse coa vitoria nas probas do Memorial Pepe Viéitez, organizadas polo Club Remo Virxe da Guía.


As atletas do Club Remo Chapela volveron demostrar a súa gran forza e técnica. Gañaron con claridade seguidas de Samertolaméu e Mecos, as súas rivais máis directas, as que avantaxaron en 15 e 16 segundos, respectivamente. A tripulación de xuvenís masculinos do Club Remo Mecos pronto se puxo por diante sen case oposición. E na categoría absolutos masculinos a competencia estivo moi rifada e apertada entre Tirán e Moaña, primeiro e segundo, con tan só 27 centésimas de diferenza.


Resultados: Absolutos (f): 1. Chapela, 15.29:00; 2. Samertolaméu, 15.44:44; 3. Mecos, 15.45:72; 4. San Martiño, 16.41:78; 5. Tirán, 17.37:44. Xuvenil (m): 1. Mecos, 14.12:12; 2. Robaleira, 14.27:91; 3. Tirán, 14.31:50; 4. Virxe Guía, 15.18:06; 5. Samertolaméu, 15.37:47. Absoluto masculino: 1. Tirán, 13.23:91; 2. Moaña, 13.24:18; 3. Amegrove, 13.27:91; 4. Moaña-B, 13.38:56; 5. Mecos, 13.39:03.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: